viernes, 3 de junio de 2016

Elaboración naipes para o timeline

Nas clases de ciencias sociais destes dous últimos venres estivemos elaborando por grupos distintas cartas con acontecementos históricos, para así crear un xogo e poñelas en orde cronolóxico. Así foi como organizamonos no meu grupo cooperativo:

- Venres 27: Esta foi a primeira sesión, decidimos que o mellor sería traballar en parelllas e que cada unha destas fixera a metade do número total dos naipes. Uxía Relova traballou con Uxía Juíz e eu traballei con Nicolás. Non deunos tempo de rematalo todo.

- Venres 3: Este día seguimos co mesmo método de traballo e rematamos. Despois, a maiores, eu estiven buscando máis datas mentres as dúas Uxías creaban os naipes das datas que atopaba.

Pareceume unha forma orixinal de ir aprendendo as datas xa que aínda que non fixemos a línea temporal con todas as cartas aprendías e memorizabas as datas e os acontecementos mentres elaborabas a carta.




sábado, 5 de marzo de 2016

O movemento obreiro

                             


Traballo que realicei

Se non recordo mal tivemos tres sesións para realizar este traballo, e estas son as cousas que fixen nelas:
- Na primeira sesión acordamos que cada un debía ocuparse de buscar documentos gráficos para un punto do tema que nos tocara e a min tocoume o marxismo polo que nesta primeira sesión estiven buscando documentos primarios sobre este.
- Na segunda sesión seguín a procura de documentos máis ao final descartei a idea de empregalos  xa que parecíame que eran demasiados tendo en conta que os textos non eran moi extensos polo que decidín empregar só os de primeiro día, axudaba a quen precisara da miña axuda e empecei a buscar termos de vocabulario e a súa definición, máis non me deu tempo de rematar.
- Finalmente na terceira sesión gravamos o noso punto, eu encargueime do marxismo e ademais acabei co vocabulario.

Pareceume un traballo moi interesante tanto no contido como na idea de facer estes vídeos para explicar de unha maneira ao meu parecer máis amena o tema, con este traballo aprendín bastantes cousas sobre o movemento obreiro, o marxismo e sobre as tendencias do anarquismo que se deron nesta etapa, ademais puiden repasar e afianzar algúns termos do vocabulario do tema anterior.

viernes, 13 de noviembre de 2015

The birth of a Nation




  • Natureza do documento: É unha obra cinematográfica (a cal é muda e considérase o despegue do cine con relación ao teatro filmado) histórica, xa que reflexa o proceso histórico da guerra de sucesión dende o punto de vista de dúas familias enfrontadas.
  • Tipo de fonte: É unha fonte secundaria xa que grávase a interpretación duns actores dese feito pero non esta gravado mentres este pasaba inicialmente e non esta elaborada por unha persoa que viviu aquel acontecemento.
  • Circunstancias espazo-temporais: Estrenouse o 3 de marzo de 1915 en Estados Unidos, máis o feito que relata que é a Guerra de sucesión de Estados Unidos que desenvolveuse entre o ano 1861 e 1865, esta foi a guerra librada entre os estados do norte e os do sur que caracterizábase polas diferenzas radicais entre éstas dúas colonias, tanto no económico coma na súa maneira de ser..
  • Autoría: Foi realizada por David Wark Griffith (1875-1948) un director cinematográfico estadounidense o cal ao principio non tivo moito éxito no mundo do teatro, a súa infancia estivo marcada polas historias de guerra do seu pai e polas súas lecturas de Walter Scott, Shakespeare e Dickens. Algunhas das películas que realizou a parte de esta son: Intolerancia (1916), Corazóns do mundo (1918), Abraham Lincoln (1930), As dúas orfas (1921)...
  • Destino: Vai dirixida a xente que quera saber e entender o que aconteceu durante o tempo que durou a Guerra de sucesión e tamén ao pobo estadounidense..
  • Fontes:

       - Libro

viernes, 2 de octubre de 2015

O parlamentarismo de Inglaterra

No século XVII o Parlamento inglés a diferenza do ocorrido noutros países europeos afianzou o seu poder ante o rei, quen foi derrocado na primeira revolución inglesa. 
En 1679 aprobouse a lei do habeas corpus, que poñía fin ás detención arbitrarias obrigando ás autoridades a presentar calquera persoa detida perante un tribunal. 
En 1688, Xacobe II imitou o absolutismo de Luís XIV quixo impoñerlles a catolicismo aos seus súbditos pero o Parlamento destronou ao monarca e coroou a súa filla María, muller de Guillerme de Orange. O novo monarca comprometeuse a respectar a Declaración de Dereitos que confirmaba a supremacía do Parlamento sobre o rei, a separación de poderes e os dereitos individuais.
Estas transformacións provocaron admiración entre os filósofos franceses.