viernes, 3 de junio de 2016

Elaboración naipes para o timeline

Nas clases de ciencias sociais destes dous últimos venres estivemos elaborando por grupos distintas cartas con acontecementos históricos, para así crear un xogo e poñelas en orde cronolóxico. Así foi como organizamonos no meu grupo cooperativo:

- Venres 27: Esta foi a primeira sesión, decidimos que o mellor sería traballar en parelllas e que cada unha destas fixera a metade do número total dos naipes. Uxía Relova traballou con Uxía Juíz e eu traballei con Nicolás. Non deunos tempo de rematalo todo.

- Venres 3: Este día seguimos co mesmo método de traballo e rematamos. Despois, a maiores, eu estiven buscando máis datas mentres as dúas Uxías creaban os naipes das datas que atopaba.

Pareceume unha forma orixinal de ir aprendendo as datas xa que aínda que non fixemos a línea temporal con todas as cartas aprendías e memorizabas as datas e os acontecementos mentres elaborabas a carta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario