viernes, 3 de junio de 2016

Elaboración naipes para o timeline

Nas clases de ciencias sociais destes dous últimos venres estivemos elaborando por grupos distintas cartas con acontecementos históricos, para así crear un xogo e poñelas en orde cronolóxico. Así foi como organizamonos no meu grupo cooperativo:

- Venres 27: Esta foi a primeira sesión, decidimos que o mellor sería traballar en parelllas e que cada unha destas fixera a metade do número total dos naipes. Uxía Relova traballou con Uxía Juíz e eu traballei con Nicolás. Non deunos tempo de rematalo todo.

- Venres 3: Este día seguimos co mesmo método de traballo e rematamos. Despois, a maiores, eu estiven buscando máis datas mentres as dúas Uxías creaban os naipes das datas que atopaba.

Pareceume unha forma orixinal de ir aprendendo as datas xa que aínda que non fixemos a línea temporal con todas as cartas aprendías e memorizabas as datas e os acontecementos mentres elaborabas a carta.




sábado, 5 de marzo de 2016

O movemento obreiro

                             


Traballo que realicei

Se non recordo mal tivemos tres sesións para realizar este traballo, e estas son as cousas que fixen nelas:
- Na primeira sesión acordamos que cada un debía ocuparse de buscar documentos gráficos para un punto do tema que nos tocara e a min tocoume o marxismo polo que nesta primeira sesión estiven buscando documentos primarios sobre este.
- Na segunda sesión seguín a procura de documentos máis ao final descartei a idea de empregalos  xa que parecíame que eran demasiados tendo en conta que os textos non eran moi extensos polo que decidín empregar só os de primeiro día, axudaba a quen precisara da miña axuda e empecei a buscar termos de vocabulario e a súa definición, máis non me deu tempo de rematar.
- Finalmente na terceira sesión gravamos o noso punto, eu encargueime do marxismo e ademais acabei co vocabulario.

Pareceume un traballo moi interesante tanto no contido como na idea de facer estes vídeos para explicar de unha maneira ao meu parecer máis amena o tema, con este traballo aprendín bastantes cousas sobre o movemento obreiro, o marxismo e sobre as tendencias do anarquismo que se deron nesta etapa, ademais puiden repasar e afianzar algúns termos do vocabulario do tema anterior.